Data:
xoves, 22 Marzo, 2018 (Todo o día) a sábado, 24 Marzo, 2018 (Todo o día)
A II Feira da Enerxía de Galicia, que terá lugar do 22 ao 24 de marzo, dará continuidade a un proxecto respaldado pola Xunta de Galicia que contou con gran acollida na súa primeira convocatoria. Farao cunha cita que profundizará nas claves deste certame: a converxencia de empresas, institucións, profesionais e usuarios nun foro coa mellor formulación posible para a xeración de negocio, a innovación e a divulgación.
Entre os seus eixos principais estará a bioenerxía, o aforro e eficiencia enerxética e os combustibles alternativos para sectores difusos (transporte, residuos…).
Pode atopar toda a información premendo aquí.
- Datas de celebración: do 22 ao 24 de marzo de 2018
- Lugar: Feira Internacional de Galicia ABANCA. Silleda - Pontevedra
- Periodicidade: Bienal
- Horario: de 10 a 19 h.
- Entrada: Gratuita rexistrándose no formulario.
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
Dossier Informativo Feira | 714.49 KB |