I Seminario LEGISWASTE: A Xestión Xurídica dos Residuos no ámbito local: regulación, gobernanza e indicadores xurídicos

Data: 

venres, 17 Abril, 2026 (Todo o día)

Data: 17 de abril de 2026

Horario: 10-14 h.

Lugar: Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza: Proyecto Legiswaste – Universidade da Coruña (UDC)

Colaboran: Coregal, CEIDA, ECOBAS - Centro de Investigación Interuniversitario en Economía e Empresa para a Sociedade

Inscrición gratuita e imprescindible previa a través do formulario: 

Obxectivos:

A xornada científica organizada no marco do proxecto LEGISWASTE está orientada a fomentar o intercambio académico e a discusión científica en torno aos retos xurídicos e de gobernanza na xestión de residuos dentro do contexto da transición cara á economía circular.

A actividade enmárcase nas accións de difusión e transferencia de coñecemento previstas no plan de traballo do proxecto, que contemplan a organización de seminarios e workshops con persoas expertas externas co fin de contrastar enfoques metodolóxicos, debater sobre os desenvolvementos normativos recentes e fortalecer o diálogo entre a investigación xurídica e a práctica administrativa en materia de residuos.

Así mesmo, a actividade contribúe a reforzar os obxectivos do proxecto vinculados á análise da eficacia das regulacións locais en materia de residuos e ao estudo dos instrumentos xurídicos que inciden na súa implementación, favorecendo o intercambio de coñecemento con especialistas da área e promovendo a difusión das liñas de investigación desenvolvidas no proxecto.

Entre os obxectivos específicos cabe destacar:

  • Analizar os retos actuais da regulación ambiental e da xestión de residuos.
  • Debater sobre os desafíos asociados á implementación das políticas de residuos.
  • Revisar o papel das administracións públicas na aplicación das políticas de economía circular.
  • Divulgar os obxectivos do proxecto LEGISWASTE.

Dirixido a

  • Persoal técnico de distintas administracións locais vinculados á planificación e xestión municipal.
  • Responsables de medio ambiente e da xestión dos residuos das entidades locais.
  • Actores implicados na xestión dos residuos sólidos urbanos.
  • Outros actores económicos e sociais interesados.
  • Público xeral interesado.

Programa

10.00 h. INAUGURACIÓN E PRESENTACIÓN DA XORNADA

10.15 h. 1ª MESA REDONDA:

Novas fronteiras da regulación de residuos:

D. José Francisco Alenza García. Catedrático de Dereito Administrativo da Universidad Pública de Navarra (UPNA).
D. José Pernas García. Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña (UDC).
Dna. Itziar Sobrino García. Investigadora Postdoutoral Xunta de Galicia na Universidade da Coruña (UDC).
Dna. Patricia Vilán Lorenzo. Secretaria Xeral FEGAMP.

11.45 h. Pausa – Café

12.30 h. 2ª MESA REDONDA:

A implementación local da xestión de residuos: perspectivas técnicas e operativas:

D. Benito Blanco Pequeño. Xerente de Proxectos do Grupo APPLUS.
D. Marcos Vázquez Trillo. Técnico Superior de Medio Ambiente do Concello da Coruña.
D. Victor Parada Vázquez. Técnico Superior de Medio Ambiente do Concello da Coruña.
D. Javier Bobe Vázquez. Director da Área de Medio Ambiente da Deputación de Ourense.
D. Miguel Sandar Picado. Xerente do Consorcio As Mariñas.

14.00 h. Fin da xornada.

Toda a infohttps://www.ceida.org/gl/formacion-gl/i-seminario-legiswaste-a-xestion-xuridica-dos-residuos-no-ambito-local-regulacion