A Conselleria de Economía, Emprego e Industria, a través do Inega, forma parte do comité organizador da I FEIRA DA ENERXÍA DE GALICIA, que se celebrará do 14 ao 16 de abril en Silleda.
Será unha feira profesional e especializada co obxectivo de posicionar a Galicia como punto de encontro de empresas e profesionais do sector enerxético, que sirva de escaparate das tecnoloxías máis innovadoras no sector das enerxías renovables, da eficiencia enerxética e do autoconsumo.
Contará cun extenso programa de sesións técnicas nas que a Eficiencia Enerxética, a mobilidade sostible e a biomasa serán os protagonistas (consulte nos pdf o programa e a invitación de acceso á Feira).
En concreto, para os concellos:
Xoves, 14 de abril:
· De 10:30 h. a 13:30 h.: Xornada técnica sobre eficiencia enerxética
· De 16:00 h. a 18:30 h.: Xornada técnica sobre eficiencia enerxética na administración local.
Venres, 15 de abril:
· De 10:00 h. a 14:00 h.: III Foro da Biomasa de Galicia: Solucións con biomasa para concellos de Galicia
· De 11:00 h. a 13:30 h.: Xornada técnica sobre Mobilidade Sostible
Se está interesado en asistir a algunha destas xornadas, deberá inscribirse no enderezo: www.feiraenerxiagalicia.com/jornadas (a inscrición é gratuíta).
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
Programa da feira | 546.91 KB |
Invitación | 276.44 KB |