A FEMP e a Dirección Xeral de Tráfico, no marco dos traballos que levan desenvolvendo para posibilitar o intercambio de información en materia do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), propoñen un acceso directo para os concellos ao MOVE e ao PADRÓN a través da sede electrónica da DGT (SEDE). Está previsto que o novo sistema de descarga de datos sexa o único admitido pola Dirección Xeral de Tráfico a partir do 1 de xullo de 2023.
A DGT xera periódicamente os ficheiros MOVE (MOvementos de VEhículos) e un PADRÓN que recolle información sobre os vehículos domiciliados en cada localidade ou municipio:
Os ficheiros MOVE recollen información das matriculacións, cambios de titularidade e baixas de vehículos consignadas no Rexistro de Vehículos. Terá unha periodicidade mensual.
Os ficheiros PADRÓN recollen unha foto do parque de vehículos correspondente a un concello ou entidade local nunha data concreta. Terá unha periodicidade semestral e xerarase dúas veces ao ano: marzo e setembro.
As Entidades Locais que necesiten esta información para a xestión das súas competencias teñen dispoñible a descarga destes ficheiros baixo demanda en calquera momento na sede electrónica.
Para a descarga dos ficheiros MOVE e PADRÓN, os usuarios autorizados deberán acceder á área do seu concello de miDGT da sede electrónica da DGT co seu certificado dixital, cl@ve-certificado, cl@ve-pin ou cl@ve-permanente.
Para que os Concellos accedan a estes ficheiros a través da SEDE deben cumprir cos seguintes pasos:
A. O Concello designa un funcionario que teña certificado de representante. Ese funcionario accede ao Rexistro Electrónico de Apoderamentos e da de alta a tantas persoas físicas ou entidades Xestoras como desexe para descargar o MOVE/PADRÓN.
B. XEFATURAS DE TRÁFICO: Identificación do gestor do IVTM de cada concello en ATMV
Acompáñase á presente a GUÍA DE ALTA/ACCESO DAS ENTIDADES LOCAIS AOS MOVEMENTOS DE VEHÍCULOS E PADRÓN na que se desenvolven cada un dos pasos anteriores, e se indica así mesmo o procedemento a seguir no caso de ter calquera incidencia ou problema técnico.
A Área de Facendas e Financiamento Local da FEMP está á súa disposición para calquera cuestión ao respecto (haciendas@femp.es).
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
Guía acceso a MOVE e PADRÓN | 942.66 KB |