Data:
A Facultade de Humanidades do Campus de Lugo, da Universidade de Santiago de Compostela implantará un novo Grao en Xestión Cultural para o vindeiro curso 2021/2022.
Trátase dun grao único no Sistema Universitario Galego así como na maior parte do territorio nacional, con forte vocación profesionalizante pola orientación das súas materias e impartido en modalidade presencial e semipresencial.
Enlace web á modalidade presencial: https://www.usc.gal/gl/estudos/graos/artes-humanidades/grao-xestion-cultural-presencial
Enlace web á modalidade semipresencial: https://www.usc.gal/gl/estudos/graos/artes-humanidades/grao-xestion-cultural-semipresencial
Para calquera dúbida ou pregunta poden dirixirse ao seguinte enderezo electrónico: gonzalofrancisco.fernandez@usc.es
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
![]() | 9.55 MB |