FORMULARIO PARA AS ENTIDADES LOCAIS PARA ACOLLIDA DE PERSOAS DESPRAZADAS POLO CONFLITO DE UCRAÍNA

A través deste formulario, as entidades locais galegas poden comunicar os recursos habitacionais dispoñibles no seu concello para a acollida de persoas afectadas polo conflito en Ucraína.

Este formulario é de uso exclusivo para a recollida de información procedente dos concellos galegos. 

Se vostede é un particular, debe canalizar o seu ofrecemento a través do seu concello ou das ONG desprazadas sobre o terreo.