Data:
O proxecto RETTURN persigue innovar e transformar o concepto de “turismo rural” e céntrase en dar resposta a unha gran problemática como é a perda do patrimonio inmaterial xerada principalmente pola despoboación das zonas rurais. Busca xerar novas experiencias centradas na posta en valor de tradicións rurais en perigo de extinción, xerando oportunidades socioeconómicas coas que enfrontar o reto demográfico.
Ao tempo, RETTURN tamén persegue dotar aos axentes dos territorios rurais de habilidades e capacidades para o aproveitamento turístico do recursos tradicionais endóxenos e xerar redes de actores que colaboren e contribúan á identificación e construcción de novos recursos turísticos.
A acción formativa "Interpretación do patrimonio tradicional rural" promovida no marco de RETTURN, achega aos axentes turísticos do territorio e ás persoas interesadas en desenvolver un proxecto turístico a oportunidade de adquirir competencias para xerar relatos sobre as tradicións e cultura locais que incorporen coñecemento, valores e modos de vida tradicionais da comunidade que fornezan a súa oferta turística de singularidade.
Levar a cabo unha comunicación efectiva é primordial para aquelas persoas que queren transmitir os valores patrimoniais, tanto materiais como inmateriais. Neste sentido, a disciplina da Interpretación do Patrimonio é unha ferramenta clave, xa que ten unha metodoloxía propia que resulta altamente efectiva á hora de comunicar os valores dun lugar ás persoas que se achegan a coñecelo. Procúrase que os visitantes establezan conexións, tanto intelectuaís coma emocionais, cos territorios e as comunidades, a través do legado que se mostra.
CANDO: 25 de setembro e 2 de outubro (2 sesións online de 2 horas cada unha)
4, 5 e 6 de outubro (3 sesións presenciais de 4, 8 e 4 horas respectivamente)
7 ao 11 de outubro (mentoría individual de 1,5 horas por persoa a prefixar durante as sesións presenciais ou durante a semana)
ONDE: Centro Sociocultural de Baleira (Lugo)
PARA QUEN: Axentes turísticos, guías de museos, centros de visitantes, guías de natureza do territorio de Ancares-Terras de Burón e, en xeral, persoas interesadas na comunicación do patrimonio tradicional rural.
HORAS DE FORMACIÓN E ACREDITACIÓN: 20 horas (4 horas online, 16 horas presenciais). A formación está avalada pola Asociación para la Interpretación del Patrimonio (AIP). A certificación da formación expedirase ao alumnado que asista a, polo menos, o 80% das horas de formación online e ao 80% da formación presencial, e cumprimente os cuestionarios de avaliación.
AVALIACIÓN: Ao rematar a acción formativa, farase unha avaliación da aprendizaxe mediante cuestionarios online.
CUSTE: Gratuíto
INSCRICIÓN ONLINE |
Programa acción formativa <<Interpretación do patrimonio tradicional rural>>
SESIÓN | HORAS | MODALIDADE | CONTIDOS |
25/09/2024 17:00-19:00 horas |
2 h. | Online | A Interpretación do Patrimonio (P), definición e filosofia. Principios de Tilden. A IP como ferramenta de transformación ecosocial. Clasificación de medios interpretativos. Comunicación secuencial e non secuencial. |
02/10/2024 17:00-19:00 horas |
2 h. | Online | Modelo TORA. Tópico, Tópico especifico e Tema. Receita da Interpretación do Patrimonio. Conceptos tanxibles, intanxibles e universais. Exemplos inspiradores de aplicación. |
04/10/2024 16:00 -20:00 horas |
4 h. | Presencial | Presentación da acción formativa, da docente e das persoas participantes. Repaso xeral dos contidos desenvolvidos nas sesións online. División en grupos de treballo. Obxectivos específicos de comunicación en Interpretación do Patrimonio. Redacción de Temas. Aplicación de técnicas interpretativas |
05/10/2024 10:00 a 14:00 horas 16:00 a 20:00 horas |
8 h. | Presencial | Como deseñar visitas guiadas interpretativas. Exemplos inspiradores de visitas guiadas interpretativas. Como deseñar visitas guiadas interpretativas para todas as persoas. Inclusión. Cómo executar visitas guiadas interpretativas. Avaliación das visitas guiadas. Perfil da guia-intérprete. Preparación das visitas guiadas por grupos. |
05/10/2024 14:00 a 16:00 horas |
2 h |
Presencial (opcional) |
Acción de sensibilización: Saída interpretativa do patrimonio tradicional de Baleira |
06/10/2024 10:00 a 14:00 horas |
4 h. | Presencial | Preparación das visitas guiadas por grupos de traballo. Execución das visitas guiadas por grupos. Avaliación e peche. |
06/10/2024 14:00 a 16:00 horas |
2 h |
Presencial (opcional) |
Acción de sensibilización: Saída interpretativa do patrimonio tradicional de Baleira |
7-11/10/2024 Horario a concretar individualmente |
1.5h/persoa | Presencial | Mentoría individualizada |