Formación en Comunidades Enerxéticas para o Desenvolvemento Local na FEGAMP

Data: 

martes, 26 Maio, 2026 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2026.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) remata hoxe a Formación en Comunidades Enerxéticas para o Desenvolvemento Local que está a celebrar na súa sede, no marco do proxecto CELRURAL para fomento da implantación de enerxías renovables no eido rural para reforzar o desenvolvemento dun sistema enerxético sustentable e de proximidade en rexións transfronteirizas do espazo POCTEP.

Esta formación está dirixida a persoal técnico e representantes institucionais das administracións locais, axentes de desenvolvemento local, representantes de asociacións e entidades sociais, e outroas persoas profesionais vencelladas á sustentabilidade e á transición enerxética. Durante as dúas xornadas da formación abordáronse:

o papel activo da cidadanía, das administracións locais e do tecido social na democratización da enerxía, así como o potencial das comunidades enerxéticas como ferramenta transformadora

-  o marco legal que regula as comunidades enerxéticas desde o ámbito europeo ata a súa aplicación no contexto estatal

-  o proceso completo de creación dunha comunidade enerxética, estruturado arredor das catro dimensións clave: social, enerxética, económica e administrativa

- a fase de execución e operación das comunidades enerxéticas, transformando o deseño en realidade

A formación está a ser impartida por Xavier Simón e por Almudena Fiunte. Xavier Simón é doutor en Economía Ecolóxica e catedrático do departamento de Economía Aplicada na Universidade de Vigo, e é o coordinador do proxecto EC4RURAL, que impulsa as Comunidades Enerxéticas en municipios rurais e no que a FEGAMP participa. E Almudena Fiunte é  graduada en Educación Social pola Universidade de Santiago de Compostela, cun Máster en Agroecoloxía pola Universidad Internacional de Andalucía e con experiencia no deseño e impartición de accións formativas baseadas en metodoloxías participativas. É técnica superior do proxecto EC4RURAL.

 

Formación en Comunidades Enerxéticas para o Desenvolvemento Local