FONDOS EUROPEOS-EXPRESIÓN INTERESE PROGRAMA DE IMPULSO Á REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS PÚBLICOS (PIREP)

O pasado 7 de outubro de 2020, o Goberno presentou a primeira proposta do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, entendido como un proxecto de país cara a modernización da economía, a recuperación do crecemento económico e a creación de emprego e a reconstrución sólida, inclusiva e resiliente trala crise da COVID.

Neste sentido, e no marco do Plan de Acción da Axenda Urbana Española (AUE) e da Estratexia a longo prazo para a Rehabilitación Enerxética no Sector da Edificación en España (ERESEE 2020), unha das medidas prioritarias deste Plan de Recuperación será a rehabilitación edificatoria.  Para elo o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (MITMA) traballa en colaboración co Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITERD), no deseño dun Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos (PIREP) que, dentro das 10 políticas panca e 30 compoñentes nas que se organiza o Plan,  enmárcase na inversión 5 do compoñente 2 denominado: “Implementación da Axenda Urbana española: Plan de rehabilitación e rexeneración urbana”.

Este Programa persegue de maneira prioritaria a rehabilitación sostible do parque público institucional, cunha visión integral e para todo tipo de edificios de uso público: administrativo, educativo, asistencial, deportivo, sanitario, cultural ou de servicio público, etc.  Tamén se busca o carácter integrado e transversal que reclama a AUE, así como que se atenda aos 3 obxectivos esenciais que impulsa a nova Bauhaus europea (sostibilidade, estética e inclusión), todo elo sen perder de vista o principal obxectivo dun aforro enerxético medio por encima del 30%.

Coa finalidade de garantir a eficacia e o acerto do Programa no destino e xestión dos fondos, o MITMA lanza hoxe esta convocatoria de expresións de interese https://forma.administracionelectronica.gob.es/form/open/corp/5181/rYyM para que, tanto as Entidades Locais, como as Comunidades Autónomas teñan a posibilidade de aportar información acerca de proxectos concretos que teñan identificados nos seus respectivos contextos territoriais e que poidan poñerse en marcha, dacordo cos criterios indicados, nun limitado período de tempo. Esta información permitirá alcanzar unha definición máis detallada do Programa e, sen dúbida, garantir a súa máxima efectividade e a eficacia na xestión dos fondos. Como non pode ser doutra maneira, é preciso resaltar que estas manifestacións de interese non teñen carácter vinculante, nin condicionan, a favor ou en contra, a eventual participación ante a convocatoria de fondos que corresponda.

Xúntanse a este correo unhas sinxelas instrucións que axudarán a entender mellor esta iniciativa. A data límite para a remisión das propostas é o 18 de marzo.

Se teñen algunha dúbida ou consulta relacionada coa cumprimentación do formulario, poden dirixirse a infopirepEELL@mitma.es  (indicando no asunto “Aclaracións PIREP”, facilitando datos de contacto).