FONDO DE COOPERACIÓN PARA O APOIO AO FINANCIAMENTO DE ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN E CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO CONSTRUÍDO EN CONCELLOS DE MENOS DE 50.000 HABITANTES. PRAZO: 01-10-2020

Data: 

martes, 7 Xullo, 2020 (Todo o día) a xoves, 1 Outubro, 2020 (Todo o día)

 

Instituto Galego da Vivenda e Solo 

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2020 pola que se convoca, para a anualidade de 2020, o acceso ao Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes (código de procedemento VI438A).

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto convocar, para a anualidade de 2020, o acceso ao Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes (en diante, Fondo de cooperación), así como fixar o procedemento, as condicións e os criterios para acceder a el (código de procedemento VI438A).

Concellos destinatarios do financiamento

Poderán acceder ao financiamento a través do Fondo de cooperación os concellos de menos de 50.000 habitantes. Para estes efectos, tomaranse como referencia as últimas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes no 1 de xaneiro de 2020, publicadas polo Instituto Galego de Estatística.

Crédito orzamentario

1. O Fondo de cooperación está dotado, para esta convocatoria, cun importe de 5.730.000 euros, respectando a disposición máxima prevista no artigo 13 da Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS).

2. As disposicións de cantidades do Fondo de cooperación previstas nesta convocatoria faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 07.83.451A.821.60, correspondente á anualidade 2020 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

Condicións de financiamento

1. Ningún concello poderá presentar unha ou varias solicitudes de disposición de fondos que, individualmente ou conxuntamente, excedan o 25 % do total do importe con que está dotado o Fondo de cooperación. Non se admitirán aquelas solicitudes que superen o dito límite.

2. O prazo para a reposición das cantidades percibidas con cargo ao Fondo de cooperación será o establecido na resolución de aprobación do financiamento, sen que poida exceder os oito anos, contados desde o día seguinte ao da data da formalización do correspondente convenio.

3. O importe que vaia repoñer o concello en cada anualidade non poderá ser inferior ao 10 % do importe total transferido.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) e rematará o 1 de outubro de 2020 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario, que será publicado no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

Descargas: