Financiamento local, competencias, Pacto Local e futura no LALGA, a debate no Foro Conversa da SER Galicia

Data: 

mércores, 29 Abril, 2026 (Todo o día)

Accede á grabación do Foro Conversa "30 anos de municipalismo galego unificado"

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2026.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) participou nunha nova edición do Foro Conversa da SER GAlicia que, nesta ocasión, centrouse nos retos que ten o municipalismo galego 30 anos despois da Fusión das tres federacións de concellos galegos existentes sobre a FEGAMP, e 20 anos despois da sinatura do  Pacto Local Galego polos presidentes da FEGAMP e da Xunta. O financiamento dos municipios ou a nova Lei de Administración Local de Galicia (LALGA) que prepara a Xunta centraron boa parte do debate.

Unha xornada na que houbo varias mesas coa participación do presidente e dos voceiros da FEGAMP, a directora xeral de Administración Local, o delegado do Goberno, e expertos económicos e do mundo do dereito

O Foro comezou cuhna entrevista ao presidente da FEGAMP, Alberto Varela, sobre "O municipalismo galego diante dos seus retos: financiamiento local, definición competencial e coordinación institucional". Preguntado, entre outros asuntos, pola nova Lei de Administración Local de Galicia (LALGA) na que traballa a Xunta para a súa posterior tramitación parlamentaria, Alberto Varela respondeu que "nace colla" e que se cometeu o "erro histórico" de non ter en conta á FEGAMP "de maneira activa".

De seguido celebrouse unha mesa na que participaron os alcaldes e alcadesa voceiros/a na FEGAMP polo partidos máis representativos, Ángel Moldes, Secundino García e María Barral, que falaron sobre  "As alternativas plurais do municipalismo galego”.

Despois foi a quenda da directora xeral de Administración Local da Xunta de Galicia, Natalia Prieto, que foi entrevistada, e que, entre outros asuntos, sobre a futura nova LALGA criticou a actitude "pouco construtiva" da FEGAMP coas súas alegacións, e comentou que "a nova lei non vai arranxar os problemas dos concellos" pero si que está convencida de que vai mellorar a súa situación. Sobre o financiamento local, e sobre se a Xunta exponse aumentala, declarou que traballan nesa dirección, pero lembrando que "son competencias estatais".

Sobre o recente informe "A reforma necesaria do financiamento local", elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) por encargo da FEGAMP tamé foi abordado, sobre as cuestións vencelladas co financiamento local, dende os tributos locais, a participación dos ingresos do Estado e da Xunta e as normas de estabilidade, a problemática dos servizos sociais e de axuda no fogar, e tamén dos concellos turísticos. E para falaro destes temas participaron Santiago Lago, catedrático de Economía Aplicada na USC; Xoaquin Fernández Leiceaga, profesor titular de Economía Aplicada na USC, e Begoña Villaverde, profesora titular de Dereito Financeiro e Tributario na USC.  Coincideron en que houbo cambios importantes nestes 30 anos que hai que ter en conta e que o modelo actual de financiamento local "está obsoleto" e "non se adapta á realidade actual". 

O Foro rematou cunha entrevista ao delegado do Goberno, Pedro Blanco, sobre “O financiamento local na reforma do financiamiento público”, na que salientou a repartición que o Estado fai dos seus fondos e que estivo crecendo nos últimos anos mentres que a Xunta non fixo o mesmo cos concellos que ven minguadas as súas facendas ao ter que asumir máis competencias sen máis recursos. Nesa liña, asegurou que dende o Goberno comprenden "a desesperación dos concellos e compartímola" polo que defenden a necesidade de acometer cambios e delimitar competencias.

FORO CONVERSA SER GALICIA 30 ANOS DE MUNICIPALISMO GALEGO UNIFICADO