Santiago, 24 de abr. de 08. O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e alcalde de Ames, Carlos Fernández, respondeu á conselleira de Vivenda que a Fegamp xa ten nomeado representante no Comité Asesor de Habitabilidade, desde o pasado día 16 de abril.
O alcalde dos alcaldes galegos confirmou que a Fegamp vai participar no Comité Asesor de Habitabilidade, pero os concellos insisten en que este foro, que pode ser útil para resolver problemas derivados da interpretación das normas, non é o adecuado para debater sobre as diferencias de fondo que existen entre a consellería e a Fegamp sobre as Normas do Hábitat.
O presidente do organismo municipalista reitera que deberan existir unhas conversas bilaterais semellantes ás que puxeron fin &aa