Data:
A Federación Española de Municipios e Provincias (Femp) informa de que xa están disponibles, na Oficina Virtual para a Coordinación Finaceira coas Entidades Locais, os datos correspondentes á liquidación definitiva da Participación nos Ingresos do Estado (PIE) do exercicio de 2013.
Polo que respecta a Galicia, as cifras clave son:
- o 89% por cento dos concellos terán que reintegrar cartos a Facenda;
- a devolución media por habitante é de 9,87 euros;
- os 34 concellos (o 11% do total) que teñen saldo positivo percibirán 399.000 euros;
- no réxime de cesión (as principais cidades galegas, agás Ferrol), deberán devolver 9,6 millóns de euros;
- no réxime xeral (o resto dos concellos, incluído Ferrol), deberán devolver 17,5 millóns de euros;
- as deputacións provinciais deberán reintegrar a Facenda 24 millóns de euros.
Xuntamos a circular número 55 da Femp, que inclúe dous enlaces para coñecer polo miúdo os datos da liquidación da PIE de 2013.
Podes acceder á circular completa, tamén, no apartado 'Documentación', sección 'Comunicacións', desta páxina web.
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
Texto da circular | 186.34 KB |