FEMP e FEGAMP convocan minuto de silencio en solidariedade coas vítimas do accidente ferroviario en Adamuz

Data: 

luns, 19 Xaneiro, 2026 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2026.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) se solidariza coas vítimas do terrible accidente de ferrocarril sucedido onte domingo en Adamuz (Córdoba), e súmase á convocatoria realizada pola FEMP, convidando a todos os concellos, deputacións institucións, entidades, traballadores e cidadáns a participar nun minuto de silencio hoxe luns, 19 de xaneiro de 2026, ás 12:00 horas, como mostra de recordo e agarimo polas vítimas mortais, os feridos e as súas familias, á vez que agradece o labor de todos os servizos médicos, de emerxencia e os xestos solidarios de todos os veciños que están a axudar aos afectados.