Madrid, 29 de xaneiro de 2008.- A Comisión Executiva da FEMP aprobou hoxe a composición das 27 Comisións de Traballo para o período 2008 2011, compostas por 25 membros cunha representación proporcional de grupos políticos, similar á que existe na Comisión Executiva, e nas que participarán un total de 675 Alcaldes e Concelleiras. O acordo ao que se chegou é que 13 destas Comisións sexan presididas por representantes do PSOE e 10 polo PP; as catro restantes corresponderán a IU, CiU, PAR e PA.O PSOE presidirá, entre outras, as comisións de Facenda e Financiamento Local, Igualdade, Desenvolvemento Rural, Participación Cidadá e Transportes e Infraestruturas. Pola súa banda, o PP estará á fronte da de Ecoloxía e Medio Ambiente, Educación, Seguridade e Convivencia Cidadá, Urbanismo e Vivenda e Relacións Internacionais, ent