Data:
Para a FEGAMP a xuntanza de hoxe co vicepresidente primeiro e o conselleiro de Facenda constata a falta de vontade e compromiso do Goberno da Xunta cos concellos galegos.
Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2023.- Nova decepción para a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) coa posición do Goberno da Xunta de Galicia respecto as dotacións do Fondo de Cooperación Local no Anteproxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, e os criterios de reparto do Fondo Adicional do FCL para 2024.
Despois de máis de 10 anos, para o 2024 a Xunta propón manter, un ano máis, os 112 millóns de euros a base do Fondo de Cooperación Local que se distribuirán entre os 313 concellos galegos, sendo esta unha vía fundamental de financiamento para os servizos que ten que ser prestados polos concellos.
Para Alberto Varela, presidente da FEGAMP, “non ten ningún sentido que os concellos estean a ver como os ingresos provenientes do Estado medran cada ano (13% de 2021 a 2022, e un 2% de 2022 a 2023) mentras que os que dependen da Xunta de Galicia levan “conxelados máis de 10 anos”.
Desta maneira, a Xunta de Galicia é como valora o esforzo realizado e soportado polos concellos durante todo este tempo no que se tivo que atender a costa dos seus exiguos recursos as situacións más difíciles motivadas pola crise económica, a pandemia do covid e a suba de prezos” sinala o presidente da FEGAMP.
Pola vía dos feitos o Goberno da Xunta de Galicia decide que os concellos ten que ser tutelados de máis, como si fosen “menores de idade”. Pero para os concellos galegos xa é tempo de recibir da Xunta de Galicia o trato que se merece, tamén no financiamento local. Non se pode gobernar Galicia tomando decisións nas que os concellos só podan prestar servizos, e mesmo pagar por eles, e non recibir os recursos necesarios para o óptimo cumprimento desas obrigas decididas pola Xunta sen contar cos concellos.
Obrigas que moitas delas terían que ser atendidas pola propia Xunta, sen o correspondente financiamento, do que os concellos son merecedores, para garantir a calidade e a prestación óptima de servizos tan importantes para a cidadanía galega como o servicio de axuda no fogar.
Non é ningunha novidade para os concellos galegos non recibir por parte do seu goberno autonómico a atención e a consideración precisa. Así aconteceu recentemente no Parlamento de Galicia durante o Debate de Política Xeral, no que o presidente Rueda esqueceu calquera mención aos concellos, salvo para poñer en dúbida o bo servizo administrativo desenvolto dende os concellos sobre as licencias municipais.
A esixencia dun financiamento local axeitado conta co respaldo unánime de todos os concellos galegos , e nese senso vai actuar a FEGAMP, considerando como unha nova falta de respecto aos concellos a “conxelación” da base do Fondo de Cooperación Local no anteproxecto de orzamentos para 2024, así como o “particular” incremento da parte condicionada, do que hoxe foimos informados, que non chegan nin de lonxe a cumprir coas necesidades acreditadas polos concellos e que dan continuidade á política de tutela da Xunta, cando os concellos son merecedores dun tratamento de igual a igual dende a Xunta, como administracións públicas que son.