A FEGAMP súmase á campaña "Panos brancos contra a droga 2026"

Data: 

venres, 26 Xuño, 2026 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2026.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) súmase de novo a esta campaña, que conta con un amplo respaldo social e garantía de éxito, dado que se deseña en estreita colaboración con múltiples colectivos sociais, entidades e institucións. Panos Brancos converteuse dende o principio no maior e máis contundente movemento social de rexeitamento ás drogas e o narcotráfico.

O propósito desta campaña é conmemorar de forma especial o 26 de xuño o "Día Internacional contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas", establecido pola Organización de Nacións Unidas –ONU. 

Convidan aos concellos e institucións que conforman a FEGAMP a adherirse simbólicamente á campaña, compartindo as efemérides a través da publicación en web e RRSS e a exhibir o Cartel conmemorativo e publicar ou exhibir o Manifesto do Día Internacional contra o Uso Indebido e o Tráfico Ilícito de Drogas (26 de xuño 2026). 

Máis información: https://www.fundacioncontraonarcotrafico.org

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon MANIFESTO CAMPAÑA 2026392.09 KB
PDF icon CARTEL CAMPAÑA 2026542.46 KB