A FEGAMP solicita á Xunta a información para a xestión das axudas á compra dos decodificadores da TDT para achegala aos 260 concellos afectados

Data: 

luns, 12 Febreiro, 2024 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2024.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) púxose en contacto coa Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia para poder coñecer o procedemento de xestión das axudas na compra dos novos decodificadores vía satélite da TDT, e poder achegar esa información aos concellos e usuarios afectados.

Estas axudas foron anunciadas polo presidente en funcións da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o pasado xoves 8 de febreiro, despois do Consello de Goberno, cojcidindo coa proximidade da data final de emisión en calidade estandar (SD) da TDT prevista para o 14 de febreiro de 2024, despois de que o Ministerio de Transformación Dixital adiara esa data límite dende o 1 de xaneiro de 2023.

En opinión da FEGAMP urxe resolver a situación dos concellos e usuarios afectados pola compra dos novos decodificadores que, segundo a Xunta de Galicia e varios medios de comunicación, chegaría a 4.300 vivendas en 260 concellos dos 313 concellos galegos, dende o coñecemento concreto do procedemento para a compra dos decodificadores e para solicitar as axudas anunciadas pola Xunta de Galicia, que prevén sufragar o 100%  do custo do decodificador e da súa instalación nas primeiras vivendas cun máximo de 400 euros, e o 505 nas segundas residencias cun límite máximo de 200 euros.

A FEGAMP achegará a información das axudas que reciba a eses 260 concellos que se prevén afectados pola Xunta de Galicia, para colaborar na resolución máis áxil posible desta situación. Daquela, A FEGAMP xa ten remitida aos concellos galegos a información recibida dende o Ministerio de Transformación Dixital e dende a Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia para resolver as consultas sobre cobertura e outras cuestións relativas ao cambio na emisión da TDT que dende o 14 de febreiro só será en alta definición (HD).