A Fegamp retoma os traballos para a desafección dos terreos portuarios de uso municipal

Data: 

mércores, 8 Setembro, 2021 (Todo o día)

 

A Federación Galega de Municipios e Provincias colabora nos traballos para facilitar aos concellos a titularidade sobre os terreos portuarios que empregan na prestación de servizos aos seus cidadáns.

A desafección dos terreos outorga ás entidades locais maior autoridade á hora de decidir respecto ao uso deses espazos e outras decisións que afecten aos mesmos, poñendo fin ao carácter temporal das concesións e eximindo do pago de taxas en caso de habelas.

O obxectivo da Fegamp é que os concellos poidan facer o mellor aproveitamento destes espazos portuarios e promover a súa integración nas entidades nos que asentan.

Actualmente este proceso de desafección se está a tramitar en aproximadamente una vintena de concellos que o solicitaron.

A reunión de hoxe retoma os traballos da Comisión constituída para tal fin. No encontro de hoxe acordouse trasladar  aos concellos información respecto este procedemento e facilitar a súa solicitude por parte das entidades locais antes de mediados de outubro para participar nesta primeira fase do proceso.