Data:
A Fegamp trasladou ao Servizo Galego de Saúde unha relación de 5.548 traballadores e traballadoras do Servicio de Atención ao Fogar dos concellos galegos candidatos á vacinación fronte ao coronavirus. A elaboración do rexistro comezou este mesmo mes de febreiro, tras recibir a petición de colaboración e artellar o mecanismo para recadar os datos requiridos polo Sergas cumprindo a normativa de protección de datos.
O envío de listados estableceuse inmediatamente e de forma urxente para aproveitar un reparto de vacinas Astra Zéneca en poboación menor de 80 anos e prioritaria nos protocolos de inmunización. En quince días a Fegamp remitiu 5 listados coas referencias dos traballadores do SAF de 244 concellos.
Para evitar a posible inclusión de persoas ás que non corresponda acceder a vacina nesta fase, os listados remitidos dende os concellos levan o aval persoal do alcalde ou alcaldesa, que dan fe da veracidade do rexistro laboral.
O rexistro segue aberto.