Data:
A Federación Galega de Municipios e Provincias vén de aprobar o Plan Interadministrativo de Formación Continua para 2016, cun total de 25 cursos que pretenden mellorar as capacidades do persoal que traballa nos concellos galegos. A programación conta cun total de 1060 prazas dispoñibles, todas elas con matrícula gratuíta. Os seminarios comezarán no mes de setembro e estarán impartidos en tres modalidades: presencial, semipresencial e en liña.
O prazo para solicitar admisión xa está aberto para aqueles traballadores e traballadoras municipais que desexen participar nos cursos. Pódense consultar as bases completas da convocatoria na ligazón: http://www.fegamp.gal/formacion/continua. Os interesados/as terán que presentar o modelo de solicitude e a documentación a través dunha destas catro vías: no correo electrónico formacion.continua@fegamp.gal; no Fax: 981 565 203; por correo postal (Fegamp, rúa Varsovia 4C 6º andar – Área Central. 15707 Santiago de Compostela) ou de xeito presencial, acudindo á sede da Fegamp
Cada empregado/a local poderá pedir ata un máximo de 3 cursos e terán preferencia aqueles/as que nunca contaran con praza. A data final para inscribirse é o 5 de xullo, pero se hai cursos que non cobren o total das prazas ofertadas, a matrícula permanecerá aberta ata completar o aforo.
A Fegamp pretende con esta iniciativa axudar a que os empregados das Administracións Locais poidan actualizar o seu coñecemento e avanzar na formación sobre cuestións lexislativas, xurídicas, das TIC e outros eidos, vinculando estas áreas aos temas de actualidade.
PLAN INTERADMINISTRATIVO FEGAMP-2016
1. A LEI DE TRANSPARENCIA, ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA E BO GOBERNO EN CLAVE LOCAL
2. O PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO LOCAL TRAS A REFORMA DA LEI 39/2015
3. COACHING PARA MELLORAR O RENDEMENTO PERSOAL E PROFESIONAL NAS ORGANIZACIÓNS
4. MODERNIZACIÓN DA LINGUAXE ADMINISTRATIVA. TÉCNICAS DE ESCRITURA, ESTILO E REDACCIÓN DE DOCUMENTOS
5. COMMUNITY MANAGER NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
6. A NOVA LEI DO SOLO DE GALICIA
7. LEI 2/2015, DO EMPREGO PÚBLICO DE GALICIA
8. O USO DAS REDES SOCIAIS E TECNOLOXÍAS 2.O COMO FERRAMENTA DE MELLORA DOS SERVIZOS PÚBLICOS
9. A POLICIA LOCAL NA PROTECCIÓN DO MEDIO AMBIENTE
10. COMO XESTIONAR E RESOLVER CONFLITOS NA ATENCIÓN AO PÚBLICO
11. A CONTABILIDADE PÚBLICA LOCAL, ESPECIAIS INCIDENCIAS DAS OPERACIÓNS DE FIN DE EXERCICIO
12. O CUSTO EFECTIVO DOS SERVIZOS
13. OPCIÓNS LABORAIS: EMPRENDEMENTO E AUTOEMPREGO
14. TÉCNICAS DE COMUNICACIÓN CON PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS
15. A SMART CITY, INTEGRACIÓN DAS TIC NA XESTIÓN DAS CIDADES DO FUTURO
16. PLANS DE SANEAMENTO EN ENTIDADES LOCAIS
17. FORMAS DE PRESTACIÓN, CONTRATACIÓN, CONTROL E AVALIACIÓN DOS SERVIZOS LOCAIS
18. TALLER: XESTIONA OS TEUS PROXECTOS EUROPEOS CON ÉXITO
19. LEI 40/2015, DE RÉXIME XURÍDICO DO SECTOR PÚBLICO
20. A CREATIVIDADE E A INNOVACIÓN COMO FERRAMENTAS DE XESTIÓN NA ORGANIZACIÓN MUNICIPAL
21. SENSIBILIZACIÓN ANTE O PATRIMONIO CULTURAL E A CONSERVACIÓN PREVENTIVA
22. O RÉXIME XURÍDICO DO PERSOAL LABORAL DA ADMINISTRACIÓN LOCAL
23. SISTEMA DE INFORMACIÓN XEOGRÁFICA gvSIG
24. OS EXPEDIENTES SANCIONADORES NA ADMINISTRACIÓN LOCAL E A SÚA PROBLEMÁTICA
25. XESTIÓN DE PROXECTOS COLABORATIVOS CON TRELLO.