A FEGAMP PRESENTOU RECURSO CONTENCIOSO CONTRA AS NORMAS DO HÁBITAT GALEGO PORQUE SUPOÑEN UNHA INXERENCIA NA AUTONOMÍA LOCAL



Santiago, 11 de abr. de 08. A Federación Galegas de Municipios e Provincias (Fegamp) interpuxo o preceptivo anuncio de contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra as Normas do Hábitat Galego da Consellería de vivenda.

 

A Comisión Executiva da Fegamp, na súa reunión do pasado mes de marzo, facultou ao seu presidente, Carlos Fernandez, para interpoñer este recurso como un elemento mais de negociación coa consellería para a defensa da autonomía local, que a organización municipalista considera que o decreto vulnera en algúns artigos.

 

A presentación deste anuncio ante o tribunal competente abre un período de elaboración e presentación da demanda de xeito detallado, de aproximadamente un mes e que aínda non est&