A FEGAMP PON Á DISPOSICIÓN DOS CONCELLOS UN MODELO DE ORDENANZA FISCAL Á RAÍZ DA SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO QUE RECOÑECE AOS PARQUES EÓLICOS COMO BENS INMOBLES DE CARACTERÍSTICAS ESPECIAIS



Desde hoxe os concellos poderán descargar da páxina web da Federación un modelo de ordenanza fiscal, para tomar como guía nos trámites a seguir para facer efectiva canto antes (preferiblemente, con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2008) a suba do tipo impositivo do IBI dos parques eólicos ata o 1,3, ao seren recoñecidos polo Tribunal Supremo como Bens Inmobles de Características Especiais (BICES), a través dunha sentenza que lle dá a razón á Fegamp.