A FEGAMP pide á Xunta que aclare como vai garantir a gratuidade das escolas infantís

Data: 

martes, 6 Setembro, 2022 (Todo o día)

A Federación Galega de Municipios e Provincias advirte de que a gratuidade das escolas infantís permanecerá, como anunciou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, se o Goberno autonómico se fai cargo realmente do seu custo, en tanto moitos destes centros están a ser sufragados polos concellos.

A nova medida grava aos concellos, xa que fronte os máis de 300 euros mensuais por nen@ cos que a Xunta subvencionará ás garderías privadas pola atención educativa, os centro municipais non recibirán máis de 169 euros polo mesmo concepto; en termo xerais: o Goberno autonómico deixa aos centros municipais ao descuberto ao destinar cinco millóns e medio á atención educativa, mentres que esa partida para as garderías privadas ascenderá a corenta millóns de euros.

Durante o desenvolvemento da medida, a Federación avisou reiteradamente de que o novo baremo pode facer perigar a continuidade de centros, xa que non todos os concellos poderán afrontar os custos equivalentes ás cotas que ata o de agora aportaban os pais e nais. En consideración ás familias, as entidades locais manteñen o servizo este curso se ben advirten que este esforzo é insostible no tempo e que se a Xunta quere implantar a gratuidade de forma permanente deberá dotar de fondos a medida.

A Fegamp censura así mesmo, a falla de diplomacia institucional da Xunta de Galicia que se atribúe os méritos da medida en exclusividade, sen recoñecer ao municipalismo a súa aportación, en tanto que actualmente as entidades locais sufragan 95 escolas públicas infantís de 0-3 anos e unha corentena de puntos de atención infantil.