Data:

Santa Cruz (Oleiros), 17 de abril de 2026.- A secretaria xeral da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Patricia Vilán, participou no "Seminario LEGISWASTE: A Xestión Xurídica dos Residuos no ámbito local: regulación, gobernanza e indicadores xurídicos" celebrado no Castelo de Santa Cruz (Oleiros).
O seminario formou parte das inicitivas do proxecto LEGISWASTE da Universidade da Coruña, orientado a fomentar o intercambio académico e a discusión científica en torno aos retos xurídicos e de gobernanza na xestión de residuos dentro do contexto da transición cara á economía circular.
Patricia Vilán interveu na mesa "Novas fronteiras da regulación de residuos", na que tamén participaron José Francisco Alenza, catedrático de Dereito Administrativo da Universidad Pública de Navarra (UPNA); José Pernas, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña (UDC), e Itziar Sobrino, investigadora postdoutoral da Xunta de Galicia na UDC e investigadora principal do proxecto LEGISWASTE.
Na súa intervención, a secretaria xeral da FEGAMP destacou que a situación actual da xestión de residuos en Galicia é mellorable, estando nun 15% de reciclaxe en 2017 e nun 22% en 2025, segundo o INE, mientras que Cataluña estaba, en 2025, sobre el 40%.
En atención a iso e para acadar os obxectivos sectoriais marcados pola UE e pola normativa vixente, dende a FEGAMP vense reclamando a cogobernanza entre a Xunta de Galicia e os concellos do sistema de xestión de residuos mediante un organismo permanente similar á Axencia de Residuos de Catalunya, que estaría formado pola Consellería de Medio Ambiente, Sogama e a FEGAMP.
Nesa liña, apostou que os recursos recadados polo imposto á incineración debería empregarsa na bonificación do canon que os concellos xa pagan a Sogama, como xa se está a facer en Catalunya.

Sede Electrónica