Data:
Aconteceu durante os pasados 18, 19 e 20 de setembro en diferentes municipios de La Gomera, visibilizando as diferentes tradicións da cultura canaria.
A FEGAMP xunto coas outras cinco federacións territoriais de municipios participantes do proxecto RETTURN mantiveron o seu último encontro durante o que se levaron a cabo diferentes reunións e sesións de traballo para lanzar o escaparate virtual coas experiencias turísticas.
Esta reunión de coordinación do proxecto fíxose coincidir coa celebración do Día Mundial do Turismo 2024.
A rede Retturn busca recuperar o patrimonio inmaterial como proposta para resolver o despoboamento na contorna rural.
A Gomera, 20 de setembro de 2024.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) ven de participar os días 18, 19 e 20 de setembro en La Gomera nunha reunión de coordinación das seis federacións de municipios da rede Retturn para lanzar o escaparate virtual www.turismotradicionrural.es. Este espazo web é unha das pezas centrais do proxecto, que baixo a lema "tradición rural, cultura eterna" amosa así as primeiras dezaoito experiencias turísticas xeradas no marco do proxecto.
Grazas ao espírito colaborativo e de boa gobernanza dos membros do consorcio, as xornadas permitiron axuntar esforzos entre os equipos municipais e os axentes do territorio para poñer en valor os recursos propios de cada territorio.
Este encontro entre a Federación Andaluza de Municipios e Provincias (FAMP), a Federación Aragonesa de Municipios, Comarcas e Provincias (FAMCP), a Federación Canaria de Municipios (FECAM), a Federación de Municipios e Provincias de Estremadura (FEMPEX), a Federación Valenciana de Municipios e Provincias (FVMP) a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) é o último dentro do calendario de coordinación previsto, que serviu tanto para a revisión das tarefas levadas a cabo como para a planificación dos próximos pasos antes do remate do proxecto. Tamén serviu para coñecer as áreas piloto da Federación Canaria de Municipios e Provincias.
Tras unha benvida institucional, o encontro incluíu a celebración dun panel de sensibilización sobre a conservación e promoción do patrimonio, coa participación de Eduardo Gómez Casado, conselleiro económico da Representación da Comisión Europea en España; Carol de León García, Técnica Responsable da área de Economía Consciente na Reserva Mundial da Biosfera A Palma e Juan Carlos Hernández Marrero, Arqueólogo da Unidade de Patrimonio Histórico do Cabildo Insular da Gomera e moderado por Inmaculada Hernández Chinea.
Despois, se celebrou un coloquio sobre innovación e colaboración no turismo rural, no que participaron o presidente da Federación Aragonesa de Municipios, Comarcas e Provincias, Carmelo Pérez Díez; os/as secretarios/as xenerais de Canarias, Andalucía, e Estremadura: Vicente Rodríguez Lorenzo, Yolanda Sáez Cuevas, Miguel Ruiz Martínez; Modesto Martínez Sabater, vicesecretario da Federación Valenciana, e Patricia Vilán, secretaria xeral da FEGAMP.
Durante as xornadas do 19 e 20 de setembro, a FECAM organizou un programa de visitas técnicas e talleres dirixidos a amosar o seu patrimonio inmaterial e as experiencias turísticas desenvolvidas durante os meses de proxecto: os teares da Palma, o Rancho de Ánimas de Gran Canaria e unha mostra do coñecemento agrario en La Gomera. Así, as federacións participantes han aproveitado para compartir as súas experiencias e aprendizaxes ao longo do proxecto.
A rede RETTURN é un proxecto colaborativo baseado na gobernanza multinivel, que busca actuar sobre o turismo rural, desde unha perspectiva de turismo alternativo e complementario ao establecido para avanzar na desconcentración da oferta turística a través do desenvolvemento de produtos e destinos baseados nas tradicións de cada territorio (naturais, culturais, patrimoniais).
Esta rede, xerada en torno ao traballo cooperativo destas seis Federacións de Municipios, permitiu deseñar unha metodoloxía baseada na innovación pública, sumando a representantes dos axentes de cada territorio vinculados con administración pública, tecido emprendedor e axentes económicos, así como o sector académico e outros axentes sociais, e dar así resposta a un dos principais retos para o turismo: a construción de pontes para fomentar o diálogo e o intercambio cultural.
Neste contexto, e para continuar promovendo a creación de redes para o traballo colaborativo, esta reunión de coordinación celebrouse días antes da celebración do Día Mundial do Turismo 2024 (27 de setembro) baixo a lema "Tourism and Peace".
A rede Retturn ten como obxectivo a recuperación do patrimonio inmaterial para dar resposta ao despoboamento das zonas rurais. Mediante a creación de experiencias turísticas baseadas en tradicións locais ligadas á contorna rural, busca promover este patrimonio cultural e recuperar o rural como foco de atracción turística.
O proxecto está financiado cos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, provenientes do programa Next Generation da Unión Europea.