A FEGAMP participou no foro "Nuevas oportunidades de negocio: redes privadas 5G" organizado por R-Masorange e La Voz de Galicia

Data: 

martes, 26 Novembro, 2024 (Todo o día)

Accede ao video do foro "Nuevas oportunidades de negocio: redes privadas 5G"

Sabón (Arteixo), 26 de novembro de 2024.- O vicepresidente segundo da FEGAMP e alcalde de San Sadurniño, Secundino García, participou no foro"Nuevas oportunidades de negocio: redes privadas 5G" organizado por R-Masorange e La Voz de Galicia e celebrado no Museo Santiago Rey Fernández-Latorre.

O foro contou coas intervencións de persoas expertas en representación diversos sectores, como o da administración local, nas que abordaron o desenvolvemento da rede 5G, cos importantes cambios que está a achegar no día a día das empresas, tanto grandes como pequenas. Multiples oportunidades que deben permitir medrar e mellorar os seus procesos a as súas novas de negocio.

Na intervención de Secundino García abordáronse as importantes posibilidades do 5G para as contornas rurais galegas, podendo ser clave no relanzamento rural: «Se queremos un país onde a xente poda seguir vivindo onde desexe ou onde naceu, temos que estar conectados, e esta tecnoloxía é fundamental. Será unha revolución, porque permitirá seguir ocupando todo o territorio do país. Se non o logramos, iremos a un país onde o 80 ou o 90 % vivirá no entorno das grandes cidades».