Data:

Pontevedra, 10 de febreiro de 2026.- O vicepresidente primeiro da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Ángel Moldes, participou no acto de sinatura do II Pacto da Vivenda de Galicia 2026-2030, promovido polo goberno da Xunta de Galicia.
Este II Pacto de Vivenda ven de contar coa avaliación, revisión e consenso do Observatorio da Vivenda de Galicia, do que forma parte a FEGAMP, e entre os seus contidos, para o municipalismo galego son especialmente importantes os vencellados co apoio aos parques de vivenda municipais, as axudas aos concellos para a rehabilitación, rexeneración e renovación urbana, e coa colaboración cos concellos para a cesión de solo residencial.

Sede Electrónica
