Data:

Silleda, 28 de xaneiro de 2026.- A FEGAMP participou na reunión do Comité Organizador das vindeiras edicións de Expomunicipal e Enerxétika, que celebraranse conxuntamente en Silleda os días 25, 26 e 27 de marzo de 2026.
Os obxectivos de ambas feiras serán reforzar as sinerxías entre o sector enerxético e os servizos municipais e seguir aumentando a asistencia de perfis políticos e técnicos dos concellos, tras a súa consolidación cunha elevada participación de expositores, visitantes profesionais e un amplo programa de xornadas técnicas nas edicións anteriores.
A II ExpoMunicipal estará orientada en dotar solucións prácticas para os concellos en ámbitos clave como a xestión da auga, os residuos, a mobilidade urbana, a limpeza viaria, a dixitalización e a aplicación da intelixencia artificial. Mentras, a V Enerxétika estará centrada nas enerxías renovables, a eficiencia enerxética, o hidróxeno verde, a mobilidade eléctrica e a innovación.
Dende a FEGAMP se colaborará dende os seus canles de comunicación e difusión, promocionando ambos eventos entre os concellos e as deputacións galegas, e contará cun espazo propio no que presentará os proxectos europeos CELRURAL e EC4RURAL, ambos vencellados ao desenvolvemento de comunidades enerxéticas locais en contornas rurais, reforzando así o papel destas feiras como espazos de referencia para a transición enerxética no ámbito local.

Sede Electrónica