FEGAMP participa nos avances na comunidade enerxética na Pobra do Brollón

Data: 

martes, 13 Xaneiro, 2026 (Todo o día)

Pobra do Brollón, 13 de xaneiro de 2026.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) participou na Pobra do Brollón nun encontro para avanzar na creación dunha comunidade nerxética nese municipio. O encontro foi organizado polo Concello en coordinación coa Universidade de Vigo e a propia FEGAMP, como socios do proxecto, tendo como obxectivo da xuntanza de relanzar o proceso.

Na súa intervención, Xavier Simón, coordinador do proxecto, repasou algúns dos temas asociados ás enerxías renovables ante a crise climática, importancia das  Comunidades Enerxéticas Renovables (CER), autoconsumo colectivo e os seus impactos positivos na economía local e das persoas; isto último é fundamental para a creación e desenvolvemento dunha posible CER adaptada á realidade do territorio.

A Pobra do Brollón é un dos 22 municipios galegos que participan no proxecto EC4RURAL. Neste encontro coa veciñanza, participaron tamén Marián Martínez, tenente de alcalde do Concello e María Lamelas, técnica de proxectos da FEGAMP.

Como seguinte paso, o Concello promoverá a elección de posíbeis localizacións para unha primeira instalación da futura comunidade enerxética. Dende o proxecto EC4RURAL se realizará  un estudo preliminar sobre as opcións reais de ser parte dun proceso de transición enerxética en mans dos actores locais.