Data:
Sevilla, 26 de novembro 2024.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) participa estes dias en Sevilla na reunión de seguimento e evento de difusión do proxecto CELRURAL que fomenta a implantación de comunidades enerxéticas locais en contornas rurais co obxectivo da adopción de modelos innovadores de autoconsumo enerxético.
Os socios do proxecto están a repasar as actuacións desenvolvidas no último ano e acordar os pasos a seguir nos próximos meses, unha vez constituidas formalmente todas as comunidades enerxéticas nos municipios seleccionados por cada unha das rexións participantes:
- Xermade (Lugo). Galicia.
- Vila Verde. Comunidade Intermunicipal do Cádavo. Portugal.
- Fontiveros (Ávila). Castilla y León. España.
- Illa de Culatra. Rexión do Algarve. Portugal.
CELRURAL é un proxecto de Cooperación Transfronteiriza España - Portugal cofinanciado polo programa operativo Interreg - POCTEP e liderado polo Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), no que participan socios de ambos países. Este proxecto supón unha oportunidade para achegar investimentos ao concellos rurais que contribúan de xeito efectivo á consolidación da figura das comunidades enerxéticas como ferramentas de cohesión territorial e de dinamización socioeconómica. Os pilotos que se desenvolverán a través deste proxecto serán demostradores tecnolóxicos replicables noutros territorios facilitando así a toma de decisións no desenvolvemento técnico das comunidades enerxéticas.