A FEGAMP participa no Consello Técnico de Atención Primaria

Data: 

xoves, 30 Maio, 2024 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2024.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) participou na xuntanza telemática do Consello Técnico de Atención Primaria, o órgano colexiado de asesoramento técnico no ámbito da atención primaria do Servizo Galego de Saúde (SERGAS).

Nesta sesión abordouse a Estratexia Galega de Saúde Comunitaria en Atención primaria 2023-2027, como liña de traballo prioritaria pois moitos dos problemas de saúde que afectan á poboación teñen a súa orixe nos determinantes sociais, fronte aos cales o máis efectivo é unha abordaxe intersectorial e multidisciplinar a través de intervencións comunitarias que teñen un alto impacto sanitario e social.  

Tamén se analizaron os datos correspondentes ao proceso asistencial integrado da diabetes mellitus tipo2.