A FEGAMP participa na xuntanza convocada pola FEMP para a coordinación na recollida de envases

Data: 

luns, 19 Febreiro, 2024 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2024.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) participou na xuntanza convocada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para abordar a negociación das entidades locais cos Sistemas de Responsabilidade Ampliada do Productor dos residuos de envases (SCRAP).

Foi a secretaria xeral da FEGAMP, Patricia Vilán, quen participou na xuntanza mediante videoconferencia xunto coas Secretarías Xerais das federacións territoriais de municipios, e a xuntanza estivo dirixida polo secretario xeral da FEMP, Luis Martínez-Sicluna.

Na xuntanza abordáronse os cambios no ámbito dos residuos domésticos tras a aprobación da Lei 7/2022 de residuos para unha economía circular e o Real Decreto 1055/2022, de envases e residuos de envases. Agora, os concellos son parte da negociación e da sinatura dos convenios cos SCRAP con coñecemento das comunidades autónomas.

O fin da xuntanza foi a coordinación da posición e da información entre os concellos para despois levarán os representantes da FEMP á Comisión de Coordinación en materia de residuos, dependete do Ministerio de Transición Ecolóxica.