Data:
Madrid, 7 de marzo de 2024.- A secretaria xeral da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) participou hoxe en Madrid na xuntanza do Secretariado do Consello Territorial da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).
A xuntanza celebrouse na sede da FEMP e estivo presidida polo seu secretario xeral, Luis Martínez-Sicluna, e nela avanzouse sobre os asuntos a tratar na vindeira xuntanza do Consello Territorial da FEMP que se celebrará o 21 de marzo.
Tamén se trataron as xestións realizadas co Goberno de España sobre o convenio de recollida de residuos e a tasa de basura, e sobre os traballos da Comisión sobre a Plusvalia da FEMP, que solicitou unha xuntanza con Ministerio de Facenda.