FEGAMP ORGANIZA: XORNADA INFORMATIVA "PRINCIPAIS NOVIDADES DA ENTRADA EN VIGOR DA LEI ORGÁNICA 1/2025, DO 2 DE XANEIRO"

Data: 

martes, 27 Maio, 2025 (Todo o día)

 

A FEGAMP en colaboración coa Dirección Xeral de Xustiza organiza unha Xornada Informativa sobre as “Principais novidades da entrada en vigor da lei Orgánica 1/2025, do 2 de xaneiro de medidas en materia de eficiencia do Servicio Público de Xustiza”, que terá lugar o vindeiro martes 27 de maio a partir das 10:30 horas, en modalidade online exclusivamente, cunha duración aproximada de 2 horas. 

O programa a seguir será o seguinte: 

10:30 h. Apertura institucional : 

            - Patricia Vilán Lorenzo, secretaria xeral da FEGAMP

                - José Tronchoni Albert, director xeral de Xustiza

              As Oficinas de Xustiza no municipio (OXM):

             -   José Tronchoni Albert, director xeral de Xustiza

             -   César A. Domínguez Nocelo, xefe de servizo de Modernización da Administración de Xustiza de Galicia. 

                      - Que son. Características xerais.

                      - Modelos de OXM.

                      - Servizos da OXM.

                      - Portal OXM.

              Rolda de preguntas

Inscricións (ata as 14:00 horas do 26 de maio). Remitirémoslle a ligazón para a conexión o día previo á xornada ao enderezo electrónico que nos indique no formulario. 

Agradecendo a difusión desta xornada aos xuíces de Paz das entidades locais.

Descargas: