A FEGAMP organiza o "Foro Local de Turismo de Galicia. Por unha xestión turística sostible, eficiente e consciente"

Data: 

martes, 23 Setembro, 2025 (Todo o día)
Cartel do foro

 

A Federación Galega de Municipios e Provincias organiza o vindeiro martes 23 de setembro o "Foro Local de Turismo de Galicia: por unha xestión turística sostible, eficiente e consciente" coa finalidade de compartir as prácticas, experiencias e retos comúns por parte das administracións locais así como os equipos técnicos e sector privado implicados en proxectos transformadores no eido da sostibilidade turística. 

LUGAR: Hotel OCA Puerta del Camino, en Santiago de Compostela

HORARIO: das 9:30 h ata as 14:00 h.

DIRIXIDO A: alcaldes/as, concelleiros/as, técnicos/as de turismo e xestión de fondos europeos, xefes de servizo de turismo e xestión de fondos europeos, asociacións sectoriais (enoturismo, turismo activo, aloxamento, viaxes, TIC, etc...).

OBRIGATORIA INSCRICIÓN. PECHADA

 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon PROGRAMA2.07 MB