A FEGAMP OFRECE A SÚA MEDIACIÓN PARA QUE SE CUMPRA O ACORDO DA XUNTA COAS CENTRAIS SINDICAIS SOBRE A RATIO DE ALUMNOS NOS AGRUPAMENTOS DE UNIDADES DE INFANTIL E PRIMARIA



Representantes do secretariado nacional do STEG informaron a Carlos Fernández que, de  facerse efectiva a conxelación do acordo anunciada por Educación, deixaríanse de crear as  104 novas unidades previstas no 2º ano de aplicación do acordo e moitas funcionarían con ratios de alumnado por riba da media

 

Santiago, 16 de xullo de 2010. O presidente da Fegamp, Carlos A. Fernández Castro, ven de recibir aos membros do secretariado nacional do STEG, Maiuca Cortón e Pepe Cabido. Este encontro enmárcase na campaña que o sindicato do ensino está a realizar para informar sobre o que consideran un incumprimento por parte da Xunta do acordo subscrito cos sindicatos sobre as ratios nos agrupamentos de infantil e primaria.

 

Segundo explicou o STEG a consecuencia desta conxelación do acordo non