Data:

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2026.- O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, en nome do municipalismo galego, lamenta profundamente a morte de Vicente Gómez, alcalde de Castrelo do Val dende 2005, e concelleiro dende 1999.
Vicente Gómez destacou sempre pola súa proximidade, pola súa capacidade de diálogo e por un profundo coñecemento da realidade do territorio. Traballou con dedicación e honestidade para impulsar o desenvolvemento de Castrelo do Val, defender os servizos públicos e loitar contra a perda de poboación, converténdose nunha voz de refenrencia dentro do municipalismo galego.
Alberto Varela quere amosar a súa dor pola perda de Vicente Gómez e achegar dende a FEGAMP todo o agarimo á súa familia, ás súas amizades, e a toda a veciñanza de Castrelo do Val nestes tristes momentos.

Sede Electrónica