Data:

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2026.- O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, en nome do municipalismo galego, lamenta profundamente a morte de Ramón Vigo, alcalde do Concello de Cee por Independentes por Cee, entre 2007 e 2012 e entre 2015 e 2019.
Vigo foi médico especialista en Medicina do Traballo e desenvolveu parte de súa traxectoria profesional na administración pública, exercendo como inspector médico na Xunta de Galicia e na Seguridade Social, e traballando tamén na área de Xeriatría do Hospital do Meixoeiro, en Vigo. Ademais, foi un dos sete presidentes da desaparecida asociación Neria.
Alberto Varela quere amosar a súa dor pola perda de Ramón Vigo e achegar dende a FEGAMP todo o agarimo á súa familia, ás súas amizades, e a toda a veciñanza de Cee nestes tristes momentos.






Sede Electrónica