FEGAMP lamenta profundamente o pasamento de Luis Zubieta, presidente da Federación Aragonesa de Municipios, Comarcas e Provincias (FAMCP)

Data: 

sábado, 1 Xullo, 2023 (Todo o día)

O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, en nome do municipalismo galego, lamenta profundamente a morte de Luis Zubieta, presidente da Federación Aragonesa de Municipios, Comarcas e Provincias (FAMCP) e alcalde de Zuera (Zaragoza). O falecemento aconteceu este sábado ao ser arroiado cando circulaba en bicicleta pola N-330, no termo municipal de Gurrea de Gállego, na provincia de Huesca.

Alberto Varela quere amosar a súa dor pola tráxica perda de Luís Zubieta e achegar dende a FEGAMP todo o agarimo á súa familia, ás súas amizades, á corporación local de Zuera e a todo o municipalismo de Aragón nestes durísimos momentos.

O presidente da FEGAMP salienta a proximidade e complicidade mantida con Luis Zubieta, lembrando que asistiu á última Asemblea da FEGAMP, e que este ano estivo en Santiago de Compostela participando na xuntanza de coordinación do proxecto "Rede de Experiencias Turísticas baseadas na Tradición Rural RETTURN" do que forman parte ambas federacións xunto coas federacións de Andalucía, Canarias, Comunidad Valenciana e Extremadura.