Data:

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2026.- O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, en nome do municipalismo galego, lamenta profundamente a morte de José Luis Armada, primeiro alcalde do Concello de Cariño polo PSdeG, dende 1988 ata 1995 e de 2003 ata 2011.
Armada foi presidente da asociación veciñal San Bartolo, e, segundo lembran dede o actual goberno local de Cariño "liderou o movemento veciñal que impulsou a creación do noso concello, proceso que culminou o 21 de xaneiro de 1988 coa aprobación da segregación de Cariño do Concello de Ortigueira, sendo posteriormente o seu primeiro alcalde". Tamén foi deputado na Deputación Provincial da Coruña.
Alberto Varela quere amosar a súa dor pola perda de José Luis Armada e achegar dende a FEGAMP todo o agarimo á súa familia, ás súas amizades, e a toda a veciñanza de Cariño nestes tristes momentos.






Sede Electrónica