FEGAMP lamenta profundamente o pasamento de Francisco García, ex alcalde de Allariz

Data: 

sábado, 31 Xaneiro, 2026 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2026.- O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, en nome do municipalismo galego, lamenta profundamente a morte de Francisco García, que foi alcalde do Concello de Allariz durante 18 anos e tivo un papel clave no desenvolvemento do concello. Tamén foi vicepresidente segundo da Comisión Executiva da FEGAMP durante 10 anos ata 2015.

Alberto Varela quere amosar a súa dor pola perda de Francisco García e achegar dende a FEGAMP todo o agarimo á súa familia, ás súas amizades, e a todo o #municipalismo de #Allariz nestes tristes momentos.