A Federación Galega de Municipios e Provincias lamenta o pasamento de Manuel Fraga, unha figura política de enorme dimensión, e que durante a súa carreira política amosou sempre unha especial atención á realidade dos concellos galegos. “Foi un gran municipalista”, destacou José Manuel Rey Varela, “impulsou o asociacionismo dos concellos e propiciou a creación desta Federación que fala hoxe no nome de todos os alcaldes de Galicia para trasladar o seu pésame á familia e achegados de Manuel Fraga”.
A Fegamp adhírese aos tres días de loito decretados pola Xunta, e trasladará a todas as casas consistoriais da Comunidade a proposta de que a bandeira oficial de Galicia e a Municipal luzan a media asta en memoria do político vilalbés. José Manuel Rey acudirá mañá ao funeral que se oficie na localidade de Perbes, onde recibirá sepultura F

Sede Electrónica