A FEGAMP formou a máis de mil setecentos profesionais das administracións locais galegas durante 2025

Data: 

martes, 30 Decembro, 2025 (Todo o día)

Supera os más de mil cincocentas persoas participantes de 2025, e suma 639 cursos realizados dende 2028 nos que se formaron máis de vinte e tres mil douscentos profesionais participantes.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2025.- Durante o ano 2025 a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) proseguiu coa súa actividade formativa desenvolvendo o seu Plan de Formación 2025, polo que se formou a 1.724 persoas empregadas nas entidades locais (concellos, deputacións, consorcios e mancomunidades).

Deste xeito, a FEGAMP conseguiu superar as 1.569 persoas participantes no seu Plan de Formación 2024, o que reflicte o importante papel que cumpre, sendo unha referencia formativa no eido das administracións locais. Das persoas participantes no Plan de Formación 2025, 1.193 foron mulleres e 531 foron homes.

O Plan estivo composto por 41 cursos impartidos en varias modalidades (presencial, en liña e telepresencial), e entre os contidos dos cursos atopábanse materias moi solicitadas como a aplicación práctica da Intelixencia Artificial na xestión pública local; Chat GPT, Gemini,  Copilot e outras ferramentas de intelixencia artificial, e Ciberseguridade para crear un posto de traballo ciber seguro.

Cos corenta e un cursos do Plan 2025, a FEGAMP suma 639 cursos realizados dende 2008, que tamén suman máis de vinte tres mil douscentos participantes, o que amosa o compromiso real da FEGAMP na mellora da capacidade profesional do persoal dos concellos, deputacións, mancomunidades e consorcios.