A FEGAMP formou a case mil seiscentos profesionais das administracións locais galegas durante 2024

Data: 

luns, 16 Decembro, 2024 (Todo o día)

Recibíronse tres mil catrocentas corenta e sete solicitudes de mil catrocentas sete persoas interesadas

A FEGAMP suma case seiscentos cursos realizados nos que se formaron máis de vinte un mil cincocentas persoas participantes

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2024.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) rematou recentemente a execución do Plan de Formación 2024, polo que se formou a mil cincocentas setenta e nove persoas empregadas nas entidades locais (concellos, deputacións, consorcios e mancomunidades).

Cada ano, o Plan de Formación da FEGAMP recibe máis solicitudes, polo que en 2024 se recibiron tres mil catrocentas corenta e sete solicitudes fronte as tres mil cento corenta recibidas en 2023. As persoas interesadas puideron solicitar ata tres cursos, e tamén medraron con respecto a 2023, sendo mil catrocentas sete persoas solicitantes en 2024 fronte ás mil duascentas setenta e nove en 2023. Desta forma, case a totalidade dos cursos ofertados cubriron as súas prazas antes de rematar o período de inscrición.

O Plan estivo composto por trinta e nove cursos impartidos en varias modalidades (presencial, en liña e telepresencial), e entre os contidos dos cursos atopábanse materias como a aplicación práctica da Intelixencia Artificial na xestión pública local; as competencias municipais en relación á nova Lei de protección dos dereitos e do benestar dos animais; os retos e oportunidades do “compliance” na contratación pública local, e as novidades no urbanismo actual na comunidade autónoma de Galicia, entre os case corenta contidos formativos distintos.

Cos trinta e nove cursos do Plan 2024, a FEGAMP suma 598 cursos realizados dende 2008, que tamén suman máis de vinte un mil cincocentos participantes, o que amosa o compromiso real da FEGAMP na mellora da capacidade profesional do persoal dos concellos, deputacións, mancomunidades e consorcios.