A Fegamp formará aos concellos en Adminsitración Electrónica

Data: 

martes, 16 Xaneiro, 2018 - 10:00

A Fegamp foi invitada a participar no seminario "A modernización dixital das AAPP en Galicia" en Santiago de Compostela, no que se debateu sobre as obrigas que veñen da man da normativa que entrará en vigor proximamente sobre contratación electrónica ou protección de datos para os concellos; a obrigatoriedade de contar cun delegado de datos en cada entidade é unha das novidades da lexislación que ten que estar en vixencia no mes de maio.

Un novo modelo de xestión municipal é o que se pide que poñan en marcha os concellos pero as Entidades Locais están todavía afastadas de conseguilo. A falta de persoal e tamén a falta dos equipos e aplicacións necesarias para levar a cabo a transicción ao dixital, foi sobre o que reflexionou o responsable TIC da federación, Raúl Fernández, na súa exposición. No próximo mes de marzo a Fegamp organizará formación específica para os concellos sobre protección de datos e sobre contratación, para dar coñecemento aos concellos das obrigas que teñen que ter postas en marcha antes do mes de maio.