A FEGAMP EMITIU INFORME FAVORABLE SOBRE O PROXECTO DE LEI DE DROGODEPENDENCIA E FAISE ECO DA PREOCUPACIÓN DOS CONCELLOS VINÍCOLAS



Santiago, 08 de abr. de 08. A Comisión Executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) informou de xeito favorable, desde o punto de vista dos intereses municipais e das competencias do ámbito local, o anteproxecto de Lei sobre Drogodependencias da Xunta.

 

O presidente da Fegamp, Carlos Fernández, salientou que “o anteproxecto respecta a autonomía local”. A lei regula as competencias municipais e fai aos concellos depositarios da capacidade de regular o consumo de alcohol en determinados espazos públicos.

 

As entidades locais van ver recoñecidas as súas competencias para a fixación de criterios en relación á localización, distancia e requisitos para vender alcohol, van poder regular o consumo de bebidas en determinados espazos públicos ao mesmo tempo