A FEGAMP emite criterios para a estabilización do emprego público local

Data: 

martes, 2 Agosto, 2022 (Todo o día)

 A Federación Galega de Municipios e Provincias proporciona ás entidades locais uns criterios de elaboración das convocatorias para a estabilización de emprego que, en cumprimento da Lei 20/2021, deben ter publicadas en fin de ano ao máis tardar.

O modelo de bases, acordado coas organizacións sindicais Comisiones Obreras, Conferderación Intersindical Galega e Unión General de Trabajadores, pretende facilitar a concellos e deputacións os procesos de regularización dos seus recursos humanos e proporcionarlles ao mesmo tempo un marco de seguridade xurídica.

O documento, froito de numeras reunións da Fegamp e sindicatos analizando a Lei e distinta normativa laboral vixente, así como os máis do centenar de consultas e casuísticas trasladadas  polos concellos, materializa unhas negociacións sen precedentes e un compromiso polas partes.

Respectando a negociación colectiva e a autonomía local, a Fegamp propón detalladamente os méritos profesionais, formación e capacitación a baremar e recomenda que as distintas fases de selección non sexan excluíntes.

A Federación advirte do risco de que no momento de encaixe dos cesamentos do persoal actual e as tomas de posesión queden postos pola complexidade do proceso no que unha persoa pode, por exemplo, obter unha praza distinta da que ocupa, polo que se recomenda que previamente se articulen sistemas de coordinación das administracións para facer chamamentos simultáneos.

Se recomenda informar ao traballador ou traballadora que a praza que ocupa vai ser ofertada e, en consideración aos que poidan quedar fóra da Administración tralo proceso, compensar economicamente con vinte días de retribución por ano traballado ata un máximo de doce mensualidades sempre que teña participado no proceso de estabilización.