FEGAMP e Xunta de Galicia constituiron a comisión de seguimento do convenio de colaboración para a administración dixital

Data: 

luns, 23 Febreiro, 2026 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2026.- A Federación Galega de Municipios e Provinciads (FEGAMP) participou na constitución da comisión de seguimiento do convenio de colaboración que ten asinado coa Xunta de Galicia para a administración dixital.

Na reunión participaron en representación da FEGAMP Patricia Vilán e María Lamelas, secretaria xeral e técnica, respectivamente. Pola banda da Xunta de Galicia a representación recaeu en Natalia Prieto, directora xeral de Administración Local, e en Damián Rey, director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Valoráronse posibles iniciativas divulgativas dos servizos e contidos do convenio sobre os concellos para seguir avanzado no emprego das ferramentas dixitiais que os concellos ten ao seu dispor para a mellora da xestión que desenvolven.