FEGAMP e Xunta de Galicia abordan a revitalización da Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero

Data: 

luns, 26 Xaneiro, 2026 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2026.- A secretaria xeral da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Patricia Vilán, reuniuse co director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, e con Patricia Fernández, subdirectora xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero, para abordar a colaboración na Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero, para a súa actualización e revitalización.

Tamén trataron liñas de colaboración na anonimización da sinatura do persoal dos Centros de Información as Mulleres (CIM) e valoraron a información sobre o “Protocolo Primeira Intervención de Policias Locais de Galicia sobre Violencia de Xénero”.

Estas propostas serán tratadas pola Comisión Executiva da FEGAMP na súa reunión ordinaria de febreiro, que se celebrará en dúas semanas.